El Inquilino Comunista
El Inquilino Comunista | |
---|---|
Orixe | Getxo, Biscaia, País Vasco |
Período | 1992 - presente |
Xénero(s) | Rock alternativo, indie |
Selo(s) discográfico(s) | Radiation |
Membros | Álvaro Real (guitarra e voz) Javier Letamendia (batería) Ricardo Andrade (baixo) Santi Real (guitarra e voz) |
Antigos membros | Juan Losada (baixo) Ricardo Zamanillo (baixo) |
Na rede | |
www.elinquilinocomunista.com | |
El Inquilino Comunista é unha banda de indie-rock procedente de Getxo (Euskadi) considerada pioneira deste estilo musical na península xunto a Los Planetas ou Penelope Trip. O seu estilo foi a miúdo denominado noise-pop e bebía de referentes principalmente estadounidenses dos últimos 80 e primeiros 90 como Pixies, Sonic Youth, Pavement ou Dinosaur Jr, ademais de Velvet Underground.
Alleos á industria musical e máis dispostos a divertirse emulando aos seus ídolos que a agradar a un gran público, o cuarteto cantaba en inglés, a pesar do seu nome, que fai referencia á menstruación, e, como os citados referentes, baseou a súa música na melodía e nunha distorsión que foi pulíndose na súa curta evolución.
Publicaron tres discos entre 1993 e 1996, El Inquilino Comunista, Bluff e Discasto ademais de varios singles e EPs.
No 2006, e trala publicación dunha caixa recopilatoria (Dogbox), volveron a subir a un escenario para unha festa aniversario dun selo discográfico nun concerto dobre en Madrid e Barcelona canda Devendra Banhart, e máis tarde para participar na primeira edición do Bilbao Live Festival, onde retomaron o contacto co público da súa localidade.
O grupo segue reuníndose de vez en cando para tocar.
Discografía
[editar | editar a fonte]- "Extended Play" (Radiation, 1992). EP.
- "El Inquilino Comunista" (Radiation, 1993). LP.
- "Trash" (Factory, 1994). EP.
- "Bluff" (Radiation, 1995). LP.
- "Radio C.D." (Radiation, 1995), EP.
- "Discasto!!" (Radiation, 1996). LP.
- "Dogbox" (Everlasting, 2005). Recompilatorio.